LIGAZONS
No posts match your query. Show all posts
No posts match your query. Show all posts
Subscribe to:
Posts (Atom)
ateatral@gmail.com
ADEUS KANTOR
Conferencia-Espectáculo sobre a Arte do Actor
A ATPdV quere rendir homenaxe a un dos grandes homes do teatro: TADEUSZ KANTOR.
E querémolo facer ao xeito del: dirixindo aos actores diante do público como se dun ensaio se tratase.
En ADEUS KANTOR mostraremos o traballo interno que realizamos na ATPdV:
Un mestre e uns actores van encontrando ferramentas dentro de sí própios
para construír unha dramaturxia corporal fuxindo de caer na psicoloxia e no
“servilismo que o teatro practica respecto á literatura".
Neste espectáculo o público poderá achegarse ao teatro por dentro e vivir o proceso de creación actoral,
o teatro en estado puro, unindose así o teatral co pedagóxico.
"Só a través dunha autonomía teatral alleia á ilustración do texto
e á reprodución do cotidiano poderemos achegarnos a unha realidade total".
ADEUS KANTOR, está destinado a todo tipo de públicos,
tanto xuvenís como adultos, relacionados co teatro ou non.
Un espectáculo que non precisa un espazo teatral convencional para a sua representación,
podendo convertir ximnasios, aulas, salóns ou calquer outro en “espazos achados”
transformados en palcos de teatro.
Agradecementos:
Jose León
Concello de Arteixo